Producións TeatrAis EXCÉNTRICAS

EXCÉNTRICAS
Producions Teatráis EXCÉNTRICAS é una empresa que se dedica á creación de espectáculos teatrais, de productos de entretenimento e outros obxectos culturais. EXCÉNTRICAS sirve como plataforma de produción a marcas como MOFA&BEFA, o duo cómico de Evaristo Calvo e VÍctor Mosqueira, aos espectáculos unipersoais de Quico Cadaval e a proxectos musicais de Piti Sanz.

PRÓXIMAS FUNCIÓNS
Lista de servicios
-
17 de DECEMBRO
CADAVAL conta... COMPLEXO DE EDIPO
Santiago de Compostela
Sala Capitol
Apertura de portas ás 20:30h
Comezo do espectáculo ás 21:00h
-
20 de DECEMBRO
MOFA & BEFA: OS DOUS DE SEMPRE
Allariz
Casa da Cultura
20:30h
Entrada de balde ata completar aforo
-
09 de XANEIRO
XVI Aniversario de Noites de Retranca con Mofa & Befa, Quico Cadaval e Celso Fernández Sanmartín
Vigo
Teatro A Fundación
21:00h
-
10 de XANEIRO
XVI Aniversario de Noites de Retranca con Mofa & Befa, Quico Cadaval e Celso Fernández Sanmartín
Santiago de Compostela
Auditorio Abanca
20:30h
-
16 de XANEIRO
XVI Aniversario de Noites de Retranca con Mofa & Befa, Quico Cadaval e Celso Fernández Sanmartín
Ourense
Auditorio de Ourense
21:00h
-
17 de XANEIRO
XVI Aniversario de Noites de Retranca con Mofa & Befa, Quico Cadaval e Celso Fernández Sanmartín
Pontevedra
Teatro Afundación
20:30h
-
24 de XANEIRO
MOFA & BEFA: OS DOUS DE SEMPRE
Muros
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
20:30h
-
25 de XANEIRO
MONSTROS
Redondela
Auditorio da Xunqueira
-
30 de XANEIRO
XVI Aniversario de Noites de Retranca con Mofa & Befa, Quico Cadaval e Celso Fernández Sanmartín
A Coruña
Teatro Colón
21:00h
-
31 de XANEIRO
AS DESTERRADAS
O Grove
Casa da Cultura
-
01 de FEBREIRO
AS DESTERRADAS
Sada
Casa da Cultura Pintor Lloréns
19:00h
Entrada de balde ata completar aforo
Funcón incluida no Cilo Outono das Artes organizado por Cultura da Deputación da Coruña

as novas
xvi aniversario de noites de retranca con mofa & befa, quico cadaval e celso sanmartín
2026 comezará cunha grande celebración... o
XVI Aniversario das NOITES DE RETRANCA organizadas por Rababiero Promocións Artísticas.
En xaneiro haberá 5 citas irrepetibles con MOFA & BEFA, QUICO CADAVAL e CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN.
Anotade...
🔥Venres 09 en Vigo
🔥Sábado 10 en Santiago de Compostela
🔥Venres 16 en Ourense
🔥Sábado 17 en Pontevedra
🔥Venres 30 na Coruña
Entradas xa á venda en
Entradas Ataquilla.com.
"OS DOUS DE SEMPRE" DE MOFA E BEFA
Espectacular inicio de xira de OS DOUS DE SEMPRE de MOFA & BEFA. Máis de 3.000 espectadores desfrutaron nas 11 primeiras funcións realizadas no primeiro mes da xira, con cheos, entradas esgotadas en minutos e aplausos marabillosos do público asistente.
Rianxo, por partida dobre, Moaña, Arteixo, o FITO de Ourense, Sada, Bertamiráns, por 4 ocasións a Sala Artika de Vigo, Naró, Padrón e Lugo foron as primeiras prazas da xira internacional desta montaxe teatral inspirada na obra de Castelao.
A xira 2025 remata esta fin de semana na Casa da Cultura de Allariz (sábado 20 ás 20:30h)
E xa no 2026, temos confirmadas funcións en Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Negreira, O Carballiño, Vilagarcía, Muros, A Laracha, Catoira, Burela, Ortigueira... na vindeiras semana anunciaremos o calendario completo do primeiro semestre do ano.
Producións Teatrais Excéntricas construiu os seus últimos éxitos adaptando para o teatro grandes figuras da literatura galega. A teatralidade do Porco de Pé de Risco e o Auto do Castromil de Manuel María, fixeron as delicias do público asistente ás mais de 120 funcións por toda a xeografía galega. Agora tocoulle a vez a Castelao.
Moita xente, cando escoita a expresión “Os Dous de Sempre”, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O duo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo rio do humor galego que ten a sua fonte nos bufón e no escarño medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao. Mofa e Befa pertencen á estirpe dos pallasos de circo, dos artistas do cinema mudo, dos canallas do cabaret. Agora decídense a encarnar duas personaxes de papel, concebidos por un humorista gráfico: Os Dous de Sempre.
Pedriño e Rañolas son contradictorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece en outras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco.. Pedriño e Rañolas entran neste selecto clube, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarias e que Castelao admirou com compasivo humor.
Os pallasos son criaturas feitas de mesturar un tolo e un neno. Para facer un bufón fai falta, ademáis, un animal, o animal que todos levamos dentro. Nenos, Tolos e Animais componen o rico universo humorístico de Castelao, o seu retábulo da risa absoluta, da comedia humana do pobo galego. Mofa e Befa vai meter todo este universo humorístico nas figuras de Pedriño e Rañolas. Os Dous de Sempre son como irmáns siameses, un corpo que se escinde polo bisturi do doutor Castelao, e que andan os dous polo mundo, incompletos, tentando reencontrarse e conformar de novo un corpo único, harmónico, no que unha parte rouba mazás , e outra, cómeas.
Elenco : Evaristo Calvo, Vïctor Mosqueira e Josito Porto. Dirección: Quico Cadaval. Dramaturxia: Varela & Cadaval. Espazo escénico e Luz: Baltasar Patiño. Figurinos: Carlos Alonso. Música: Bernardo Martínez. Movemento: Marcos Orsi

SOLICITA INFORMACIÓN

ruben.excentricas@gmail.com
Tfno de contacto: 618.752.105







