Residencia Artística de Estrela do Día en Outes

Residencia Artística de Estrela do Día en Outes

Sabías que se conservan mais de 400 milagres de Santa María, en códices do século XIII... en galego?

Sabías que a Divina Señora adquiría as formas máis sorprendentes para axudar ás persoas infelices que llo pedían?

Sabías que nos tempos de medo e incerteza que estamos a vivir, hai millóns de persoas que siguen a pedir un milagre de María, a Estrela Matutina?

Sabías que a maioría dos milagres da Señora serían hoxe condenados pola igrexa e perseguidos polo código penal?

Para contar todas estas cousas, P.T. Excéntricas apresenta, ESTRELA DO DÍA, unha comedia divina, chea de cor, de música, de misterio e de humor. A palabra poética dos códices foxe do libro e encárnase na escena. As personaxes saen das miniaturas medievais e chegan aos nosos días da man e do talento de EVARISTO CALVO, ROCÍO GONZÁLEZ, VÍCTOR MOSQUEIRA e PATRICIA VÁZQUEZ.

Estrela do día é unha experiencia para o público recuperar a fe no teatro, o único lugar onde o milagre aínda é posíbel. Baixo a batuta de director de MARCOS PTT CARBALLIDO, experto milagrista, os comediantes levarán de novo os prodixios de María ante os asombrados ollos dos espectadores mais descreidos: a apoteose da nova inocencia, a inxenuidade regresa para salvar o mundo. Para isto, o máxico PTT , acostumado a facer maxia por todo o mundo co seu “Retrete de Dorian Gray”, abrirá o cofre dos seus monstros preferidos: QUICO CADAVAL nos textos, LAURA ITURRALDE na escena iluminada, UXIA VAELLO nas roupaxes, NACHO MUÑOZ no deseño sonoro, PITI SANZ nos cánticos, e a cumplicidade imprescindible dos partenaires do mago: EZRA MORENO nos artefactos, CARLOS SANTIAGO nas palabras secretas e GUITIÁN nas miniaturas.

O 5 de xaneiro comezamos una residencia artística na Casa da Cultura de Outes, lugar onde estaremos ata o 30 de xaneiro, día no que faremos a prestrea en Outes.

Tras Outes marcharemos ao Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde estrearemos o 5 de febreiro de 2021, cunha segunda función ao día seguinte.

Atentxs ao noso facebook

Por mor da situación sanitaria no noso país, as funcións cambian, son adiadas ou canceladas dun momento para outro e as veces, non da tempo a actualizar a web no momento adecuado.

Vós recomendamos seguir a nosa paxina de facebook, www.facebook.com/MofaeBefa para estar ao día de todas as novas e da actualización da axenda. Así como recomendamos tamén a suscripción á nosa newsletter semanal, escribindo a ruben.excentricas@gmail.com

Próximas Actuacións

Próximas Actuacións

Se queres estar ao día de todas as nosas funcións, participar en concursos exclusivos, coñecer antes que ninguén novos espectáculos, facer prereserva de entradas e moito máis... xa podes inscribirte na newslette de Excéntricas.

Cómo facelo? Moi sinxelo. Escribe un mail a ruben.excentricas@gmail ou unha mensaxe ao whatsapp 618.752.105 dicindo que queres darche de alta e xa é cousa feita. Esta base de datos só será para as nosas comunicacións e nunca serán vendidas a terceros. Ademáis, como moito teremos un comunicado por semana..

30 de xaneiro

Estrela do Día - Prestrea - Outes - Casa da Cultura - 20h

05 e 06 de febreiro

Estrela do Día - Estrea!!! - Santiago de Compostela - Teatro Principal - Venda de entradas a partir do 1 de febreiro ás 10h

07 de febreiro

Cartoóns - Lugo - 18:30h

14 de febreiro

Cartoóns - Pontevedra - Teatro Principal - 12:00h e 18:30h

21 de febreiro

Cartoóns - Carballo - Pazo da Cultura

22 de febreiro

Quico Cadaval - Braga

27 de febreiro

Estrela do Día - A Coruña - Teatro Rosalía de Castro

4 de marzo

Estrela do Día - Lugo

7 de marzo

Cartoóns - Redondela

18 de marzo

Tres Vellas (polo menos) - Carballo - Pazo da Cultura

20 de marzo

Medida x Medida - Oleiros

 

Web Design by nlocal