AS DESTERRADAS (2025)
AS DESTERRADAS de Carme Varela
(25º Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais)
No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da hierarquia eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dúbida en difamalas e ameazadas por todos os medios, desde o tribunal da inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas suas rotinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos.
A heroica resistencia daquelas freiras chega agora encarnada nun elenco luxoso (Belén Constenla, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira) dirixidas por Quico Cadaval.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
- Elenco.- Belén Constenla, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira.
- Espazo Lumínico.- Javier Gey
- Deseño de Vestiario.- Celia Sineiro
- Dirección Musical.- Fernando Reyes
- Obxectos Escénicos.- Marcelino de Santiago, Kukas
- Efectos Sonoros.- Norths SDN
- Costureira.- Emperatriz Macalupú
- Deseño Gráfico.- Javier de la Rosa
- Fotografía.- Sabela Eiriz
- Vídeo Promocional.- Sonia García (Xouba Cromática)
- Asistente de Dirección.- Mon Serodio
- Produción.- Rubén G. Pedrero
- Autoría.- Carme Varela
- Dirección.- Quico Cadaval
Estrea: 06 de marzo de 2025 no Teatro Principal de Santiago de Compostela
AS DESTERRADAS conta co apoio económico da Xunta de Agalic e Agadic ao abeiro da convocatoria de subvención a creación escénica 2024