Producións TeatrAis EXCÉNTRICAS

EXCÉNTRICAS
Producions Teatráis EXCÉNTRICAS é una empresa que se dedica á creación de espectáculos teatrais, de productos de entretenimento e outros obxectos culturais. EXCÉNTRICAS sirve como plataforma de produción a marcas como MOFA&BEFA, o duo cómico de Evaristo Calvo e VÍctor Mosqueira, aos espectáculos unipersoais de Quico Cadaval e a proxectos musicais de Piti Sanz.

PRÓXIMAS FUNCIÓNS
Lista de servicios
-
25 de OUTUBRO
MOFA E BEFA: A ARTE DA GUERRA
FITO OURENSE
Teatro Principal
18:00h
-
30 de OUTUBRO
OS DOUS DE SEMPRE
As Pontes
Cine Alovi
20:30h
-
05 de NOVEMBRO
OS DOUS DE SEMPRE
Monforte de Lemos
-
06 de NOVEMBRO
CARTOÓNS
Sada
Casa da Cultura Pintor Lloréns
-
06 de NOVEMBRO
A VER QUE PASA
Soutomaior
Multiusos de Arcade
20:30h
Entrada de balde ata completar aforo
-
06 de NOVEMBRO
QUICO CADAVAL conta... NOTAS DE RODAPÉ. 30 ANOS A CONTAR HISTORIAS
Fene
-
07 de NOVEMBRO
OS DOUS DE SEMPRE
Outes
Casa da Cultura
20:00h
-
07 de novembro
QUICO CADAVAL
Mugardos
-
13 de NOVEMBRO
OS DOUS DE SEMPRE
Neda
Ciclo Outono das Artes organizado por Cultura da Deputación da Coruña
Casa da Cultura
20:30h
Entrada de balde ata completar aforo
-
13 de NOVEMBRO
QUICO CADAVAL
Guadalajara
-
14 de NOVEMBRO
OS DOUS DE SEMPRE
III MOSTRA DE TEATRO PORTO DO SON
Casa da Cultura de Porto do Son
21:00 horas
Prezo da entrada :4€ , venta de entradas na oficina de Cultura de 9:00 a 14:00 h ou previa a función. Pagamento só con tarxeta bancaria.
-
15 de NOVEMBRO
Os Dous de Sempre
A Pobra do Caramiñal
Ciclo Outono das Artes organizado por Cultura da Deputación da Coruña
Cine Elma
19:00h
Entrada de balde ata completar aforo
-
20 de NOVEMBRO
QUICO CADAVAL conta... NOTAS DE RODAPÉ. 30 ANOS A CONTAR HISTORIAS
Padrón
Auditorio Municipal
19:00h
Entrada de balde ata completar aforo
-
20 de NOVEMBRO
A VER QUE PASA
Arzúa
Capela da Madanela
21:00h
-
21 de NOVEMBRO
OS DOUS DE SEMPRE
O Grove
Casa da Cultura
-
27 de NOVEMBRO
TRES VELLAS (NA ROMARÍA)
Curtis
-
27 de NOVEMBRO
MOFA E BEFA: A ARTE DA GUERRA
Sala Artika (Vigo)
20:00h
-
28 de NOVEMBRO
MOFA E BEFA: A ARTE DA GUERRA
Sala Artika (Vigo)
20:00h
-
29 de NOVEMBRO
MOFA E BEFA: A ARTE DA GUERRA
Sala Artika (Vigo)
20:00h

as novas
OS DOUS DE SEMPRE CAMIÑO DAS 60 FUNCIÓNS
Podemos afirmar, sen medo a equivocarnos, que OS DOUS DE SEMPRE é un dos grandes éxitos teatrais da tempada. A partir do clásico de Castelao e nunha versión libre asinada por Varela e Cadaval, o espectáculo conquistou públicos de toda Galicia grazas ás memorables interpretacións de Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Porto.
Desde a súa estrea, o 17 de outubro de 2025, e ata o día de hoxe, a produción suma xa 47 funcións, moitas delas con entradas esgotadas e rematadas entre longos aplausos do público. Máis de 20.000 espectadoras e espectadores acompañaron xa a Pedriño, Rañolas e ao inesquecible universo humano e literario creado por Castelao.
Tralo seu paso por Rianxo, a Mostra de Moaña, Arteixo, o FITO de Ourense, Sada, Ames, a Sala Ártika de Vigo, Narón, Padrón, Lugo, Allariz, Muros, Vilagarcía de Arousa, Noia, O Carballiño, Pontevedra, Negreira, A Laracha, Compostela, Catoira, Burela, A Coruña, A Guarda, Ortigueira e Cariño, OS DOUS DE SEMPRE retoman en outono a súa exitosa xira con funcións en Culleredo, Vimianzo, O Rosal, Carral, Oleiros, Brión, Cee, Ribeira e Melide.
Tomade nota porque estas son as vinderias datas: As Pontes (30 de outubro), Monforte de Lemos (5 de novembro), Outes (7 de novembro), Neda (13 de novembro), Porto do Son (14 de novembro), A Pobra do Caramiñal (15 de novembro), O Grove (21 de novembro), Betanzos (5 de decembro) e Bugallido (13 de decembro).
Ademáis o espectáculo foi seleccionado para participar no Ciclo Outono das Artes organizado por Cultura da Deputación da Coruña coa representación de 5 funcións en Carral, Melide, Outes, Neda e A Pobra do Caramiñal.
A viaxe continúa.
MOFA E BEFA ESTREA A ARTE DA GUERRA NO FIOT
A ARTE DA GUERRA, o novo proxecto de MOFA E BEFA é unha coprodución de Excéntricas co FIOT a estrear o 23 de outubro dentro da programación da 35º edición do festival. Continuando co éxito de OS DOUS DE SEMPRE, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira repiten con Josito Porto como compañeiro en escena. Acompañan nesta viaxe polas enseñanzas de Sun Zí, Carlos Santiago (dramaturxia & dirección), Kukas (escenografía) ou Octavio Mas (iluminación).
Mofa e Befa asumen o maior desafío da sua carreira como apóstolos do perralleirismo. Co seu tosco e agresivo instrumental escénico, propóñense revelar para un público sen horizontas morais, o libro que ateosura ma maior sabedoría: A Arte da Guerra. para logralo contan coa equilibrada figura de Josito Porto, no rol de mestre oriental con acento da Arousa.
Militares, salteadores de bancos, yuppies, estrelas do pop-folk, tradicantes de seres humanos, figuras da televisión, influencers, líderes mundias alaranxados, futbolistas de élite... e moitos máis, serán pasados pola pedra do perralleirismo, para asombro e euforia do público.
Quico Cadaval
Sun Zi di, “a arte da guerra fúndase no engano”. É esta cita do Mestre Sun que anima esta versión teatral do seu mítico tratado militar, comandada por Mofa e Befa. Unha saborosa sátira da nosa época, acuciada polo rexurdir do
belicismo en todo o planeta.
A Arte da Guerra é un desfile de reis, xenerais, concubinas, guerrilleiros, espías, magnates, adestradores de fútbol, actores de acción, xestores de empresas, avogadas matrimoniais, e outras xentes complicadas en singulares conflictos humanos que a astucia de Mofa e Befa aproveita para urdir un retablo urxente dun mundo en colisión.
A fuxir da fame e a miseria nunha noite de tormenta, o dúo é instruído nos principios da guerra e a autodefensa por un mestre de bushido en paro, Mixamoto Mashashi. O encontro é detonante dun xogo de espellos tortos, entre o soño e o real, que dá conta da condición humana baixo a luz da vella sabedoría militar chinesa.
Un espectáculo rápido como o vento, silencioso como unha fraga, feroz coma o fogo e inmóbil como unha montaña.
Carlos Santiago

SOLICITA INFORMACIÓN

ruben.excentricas@gmail.com
Tfno de contacto: 618.752.105










