Unha maneira de facer Europa

Unha maneira de facer Europa

   Producións Teatrais Excéntricas é unha das empresas galegas que obtivo unha subvención nas axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia de Covid-19.


    Estas axudas financiaranse cun crédito total de 2.000.000 euros imputables á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 da Axencia Galega das Industrias Culturais correspondentes ao ano 2023. A subvención obtida por Producións Teatrais Excéntricas SL ten un importe de 20.570,94€.


     O proxecto presentado por Excéntricas esta cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, Obxectivo temático de denominación do OT resumida, para mención sobre os indicadores de produtividade (FEDER). Neste caso do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER): O.E. REACT-UE 3.2. “Apoiar os sectores mais afectados pola COVID-19”.


         O proxecto presentado por Producións Teatrais Excéntricas baséase en tres campos fundamentais na nosa produción. Os tres campos que supón o obxectivo do proxecto concordan coa Estratexia Europa 2020 (EE2020), é dicir, un desenvolvemento intelixente, sustentable e integrador.

  •        O maior peso orzamentario do proxecto cae na realización técnica das nosas xiras. A compañía pretende facer un importante desembolso en novas tecnoloxías para a posta en escena dos seus espectáculos: focos de iluminación LED, elementos tecnolóxicos que permitan unha montaxe máis sinxela, efectiva e ecolóxica, microfonía de nova xeración e dispositivos de categoría enerxética máis sustentable, como máquinas de fume de baixo custeo e lámpadas LED.
  •         O segundo campo ten que ver coa produción, distribución e comunicación dos nosos espectáculos: dotar os nosos traballadores de dispositivos novos, eficientes e máis ecolóxicos. Esta adquisición de novo material informático e ofimático supón outro empuxe para implementar, na compañía, o teletraballo, fórmula que comezamos a utilizar na época da pandemia e que está a dar moi bos resultados segundo a nosa experiencia. Tamén procuramos avanzar no camiño da dixitalización dos servizos e dos mecanismos de funcionamento interno.
  •      O terceiro campo, o máis integrador deles, no sentido máis amplo da palabra, está relacionado co público. Unha parte do orzamento vai dirixido á creación de novos públicos, grazas á creatividade e á innovación da nosa industria. O noso obxectivo é que os nosos espectáculos sexan accesibles para todo tipo de público, abrindo a nosa produción a un auditorio actualmente esquecido, as persoas con problemas auditivos ou de visión. PT Excéntricas tivo a sorte de ser unha das compañías convidadas da programación galega no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro, co espectáculo Estrela do día. Nestas funcións traballamos intensamente con Fran Núñez e Guillermo Vázquez, director e técnico de son, respectivamente, do Centro Dramático Galego, e comprobamos en primeira persoa o excelente labor que están a realizar no CDG para unha maior accesibilidade e integración das artes escénicas, algo que vai directamente ligado á creatividade e á innovación. Co SINTE (Sistema Inclusivo Teatral) conseguen que todas as súas producións sexan accesibles para o público con problemas auditivos ou visuais.


         ...


         Unha vez rematado o prazo de adquisición de materiais, Excéntricas mercou material por todo o importe orzamentado, mellorando dunha maneira exponencial a sua situación no mercado actual das artes escénicas. A maior parte do investimento foi á dotación técnica para a realización de funcións, streamings e utilización no futuro do sistema SINTE, con especial relevancia en materiais de baixo consumo como tecnoloxía LED. Tamén fixemos un importante investimento en ferramentas tecnolóxicas e dixitais para a mellora da administración, comunicación e distribución da compañía con adquisición de material e licencias informáticas.


   


Share by: