Producións TeatrAis EXCÉNTRICAS

EXCÉNTRICAS
Producions Teatráis EXCÉNTRICAS é una empresa que se dedica á creación de espectáculos teatrais, de productos de entretenimento e outros obxectos culturais. EXCÉNTRICAS sirve como plataforma de produción a marcas como MOFA&BEFA, o duo cómico de Evaristo Calvo e VÍctor Mosqueira, aos espectáculos unipersoais de Quico Cadaval e a proxectos musicais de Piti Sanz.

PRÓXIMAS FUNCIÓNS
Lista de servicios
-
06 de FEBREIRO
CADAVAL conta... VACAS, GUERRAS, PORCOS E CREGOS
Portonovo
Biblioteca Municipal
20:00h
Entrada de balde previa inscripción na biblioteca ou chamando ao 986691149
-
07 de FEBREIRO
MOFA E BEFA: OS DOUS DE SEMPRE
Vilagarcía de Arousa
Auditorio Municipal
20:00h
-
14 de FEBREIRO
CADAVAL conta... VACAS, GUERRAS, PORCOS E CREGOS
Viseu
-
20 de FEBREIRO
AS DESTERRADAS
Ourense
Teatro Principal
20:00h
-
26 de FEBREIRO
AS DESTERRADAS
Monforte de Lemos
Edificio Multiusos
20:15h
5€ (entrada xeral)
3€ (desempleadxs, jubiladoxs e estudiantes)
-
28 de FEBREIRO
MOFA E BEFA: OS DOUS DE SEMPRE
Noia
Teatro Coliseo Noela
-
06 de MARZO
AS DESTERRADAS
O Barco de Valdeorras
Teatro Lauro Olmo
-
07 de MARZO
AS DESTERRADAS
Oleiros
Auditorio Gabriel García Márquez

as novas
XIRA DE INVERNO DAS DESTERRADAS
AS DESTERRADAS, un dos grandes espectáculos do ano pasado, xa ten confirmada a súa xira de inverno de 2026. A obra de Carme Varela, gañadora do premio Álvaro Cunqueiro e obra de teatro en galego máis vendida da historia, está protagonizada por Belén Constenla, Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González e Víctor Mosqueira baixo a dirección de Quico Cadaval.
As datas da xira son as seguintes:
- 31 de xaneiro no Grove
- 01 de febreiro en Sada
- 20 de febreiro en Ourense
- 26 de febreiro en Monforte de Lemos
- 06 de marzo no Barco de Valdeorras
- 07 de marzo en Oleiros
"OS DOUS DE SEMPRE" DE MOFA E BEFA
Espectacular inicio de xira de OS DOUS DE SEMPRE de MOFA & BEFA. Máis de 4.000 espectadores desfrutaron nas 14 primeiras funcións realizadas no primeiro mes da xira, con cheos, entradas esgotadas en minutos e aplausos marabillosos do público asistente.
Rianxo, por partida dobre, Moaña, Arteixo, o FITO de Ourense, Sada, Bertamiráns, por 4 ocasións a Sala Artika de Vigo, Narón, Padrón, Lugo e Allariz foron as primeiras prazas da xira internacional desta montaxe teatral inspirada na obra de Castelao.
A xira 2026, continúa nas seguintes vilas e cidades:
- 24 de xaneiro en Muros
- 07 de febreiro en Vilagarcía de Arousa
- 28 de febreiro en Noia
- 21 de marzo no Carballiño
- 26 de marzo en Pontevedra
- 27 de marzo en Negreira
- 10 de abril na Laracha
- 15 ao 18 de abril en Santiago de Compostela
- 19 de abril en Catoira
- 24 de abril en Burela
- 15 e 16 de maio na Coruña
- 30 de maio en Ortigueira
- 04 de agosto en Cariño
Producións Teatrais Excéntricas construiu os seus últimos éxitos adaptando para o teatro grandes figuras da literatura galega. A teatralidade do Porco de Pé de Risco e o Auto do Castromil de Manuel María, fixeron as delicias do público asistente ás mais de 120 funcións por toda a xeografía galega. Agora tocoulle a vez a Castelao.
Moita xente, cando escoita a expresión “Os Dous de Sempre”, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O duo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo rio do humor galego que ten a sua fonte nos bufón e no escarño medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao. Mofa e Befa pertencen á estirpe dos pallasos de circo, dos artistas do cinema mudo, dos canallas do cabaret. Agora decídense a encarnar duas personaxes de papel, concebidos por un humorista gráfico: Os Dous de Sempre.
Pedriño e Rañolas son contradictorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece en outras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco.. Pedriño e Rañolas entran neste selecto clube, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarias e que Castelao admirou com compasivo humor.
Os pallasos son criaturas feitas de mesturar un tolo e un neno. Para facer un bufón fai falta, ademáis, un animal, o animal que todos levamos dentro. Nenos, Tolos e Animais componen o rico universo humorístico de Castelao, o seu retábulo da risa absoluta, da comedia humana do pobo galego. Mofa e Befa vai meter todo este universo humorístico nas figuras de Pedriño e Rañolas. Os Dous de Sempre son como irmáns siameses, un corpo que se escinde polo bisturi do doutor Castelao, e que andan os dous polo mundo, incompletos, tentando reencontrarse e conformar de novo un corpo único, harmónico, no que unha parte rouba mazás , e outra, cómeas.
Elenco : Evaristo Calvo, Vïctor Mosqueira e Josito Porto. Dirección: Quico Cadaval. Dramaturxia: Varela & Cadaval. Espazo escénico e Luz: Baltasar Patiño. Figurinos: Carlos Alonso. Música: Bernardo Martínez. Movemento: Marcos Orsi

SOLICITA INFORMACIÓN

ruben.excentricas@gmail.com
Tfno de contacto: 618.752.105







