Tienda

0

Un Cranio Furado (A Skull in Connemara) (2010)

930
€0.00
In stock
1
Product Details

UN CRANIO FURADO - A Skull in Connemara de Martin McDonagh, un producto de Excéntricas en coproducción co Festival Internacional Outono de Carballo.

Os feitos acontecen en Connemara, mais podían pasar en Bergantiños se tivesemos alguén que os soubese escribir. Como non tiñamos, tivo Avelino González que domear en galego aquel bravo inglés que escribiou McDonagh.

Todo acontece nun cemiterio, onde o horror que se albisca na penumbra está sempre compensado polo humor, sorprendente, feroz, que se aparece tamén naqueles contos galegos que se contaban no outono acarón dos cabazos furados que os cativos transformaban en cranios para asustar ós camiñantes na noite.

O enterrador local, Mick, ten de trasladar os restos da súa esposa, morta sete anos atrás de accidente de tránsito. Mais hai moitos que pensan que non foi un accidente. Entre eles, Tom, un policía local. E Mary-Johny, que prefire non dicir nada, porque aínda é meia prima do coveiro. Aínda hai un rapaz, confundido pola vida nocturna, que serve de axuda ou de estorbo a Mick, o sospeitoso.

Unha obra moderna, comercial, divertida, escrita por un explosivo e novo autor anglo-irlandés nos anos 90, martin Mc Donagh, que tiña tanta vontade de provocar ó tradicional mundo irlandés que herdaba como horrorizar ó requintado público urbano londinense.

Espectáculo gañador de 5 Premios de Teatro María Casares: Mellor Espectáculo, Mellor Actor Protagonista (Evaristo Calvo), Mellor Actor Secundario (Santi Romay), Mellor Escenografía (Kukas), Mellor Adaptación/Tradución (Avelino González).

Trailer

Espectáculo fora de distribución

Save this product for later
Share by: