Tienda

0

TRES VELLAS NA ROMARÍA (2023)

102
€0.00
In stock
1
Product Details

Segundo alguns dos mais esixentes críticos, TRES VELLAS (POLO MENOS) é un dos espectáculos mais fermosos dos que podemos desfrutar na escea galega. Tres dos mellores narradores da escea internacional xuntos falando das súas musas, as súas vellas. Cada función é diferente, única; algunas vellas repiten, outras non, aparecen e desaparecen da memoria colectiva na maior e mais antiga expresión teatral: a narración oral. O espectáculo da palabra viva, ou mellor, resucitada nas falas de Celso Sanmartín, José Luis Gutierrez e Quico Cadaval xirou por toda Galiza com esporádicas saídas a Portugal, Castela e León e Cataluña. A matéria dos relatos que se presentaban no que parecia unha verdadeira sesión de espiritismo era a vida cotidiana, os traballos e os dias, as labouras, os namoros, e as tristuras, as dores e os divertimentos. A prodixiosa biblioteca do mundo analfabeto na sua infinita riqueza.

Neste 2023 regresan as TRES VELLAS con un novo repertorio: TRES VELLAS NA ROMARIA . Saimos do mundo do traballo e buscamos nas memorias das devanceiras os dias gloriosos de romarias e festas, os bailes, os milagres, as devocións, os exorcismos as empanadas e os melindres, o viño novo e a caña brava… As TRES VELLAS lian á cabeza os seus mais fermosos panos rameados, para sair a bailar as muiñeiras, xotas e bailes charros nos turreiros das festas. O repertorio componse de todo o que rodea o mundo estival das romarias: milagres, romances, ofrendas devotas, relatos humorísticos, un mundo no que se mistura a superstición e o festeiro escepticismo. Unha viaxe equidistante aos tempos de “Deus é bo, mais o Demo non é malo” Un repertorio no que se xuntan os xionllos esfolados das procesións cos pes encalecidos dos bailes. Parece un mundo esquecido, mais as TRES VELLAS regresan para contalo coa mesma frescura que se fose onte.

Celso Fdez. Sanmartín é narrador oral e recoñecido poeta. O seu libro “A cama do meu avó” é un dos seus últimos sucesos, convertido en performance en “Escenas do cambio”.

Guti é narrador, guia nativo e influencer. Publicou o libro “Cuaderno de últimas voces” e mantén un post diário en Facebook titulado “Besos matinales”

Quico Cadaval conta contos e dirixe teatro. Dirixiu “O Porco de Pé” e participa no último proxecto do CDG “Shakespeare en Roma”.

Estrea o 8 de outubro de 2023 na Rúa dos Contos do FIOT (Festival Internacional de Teatro de Carballo).


Descarga de material promocional e de difusión premando no enlace. (Deseño gráfico e fotografías (c) Sonia García - Seimeira Producións)

Save this product for later
Share by: