Tienda

0

Os Amores de Jacques o Fatalista (2016)

936
€0.00
In stock
1
Product Details

"O meu antigo amo costumaba dicir que todo o bo ou malo que nos pasa aquí abaixo estaba escrito alá enriba"

Denis Diderot

Jacques e o seu amo camiñan cara o lugar máis próximo, como fai todo o mundo. Para entreter o camiño, Jacques o fatalista e o seu amo contanse historias, falan da vida e acaban por falar do amor, como fai case todo mundo. Aproveitando que non hai mulleres, permítense dicir cousas das mulleres que non se atreverían a dicir se houbese mulleres diante. Como fan algúns homes. Bastantes.

Este paraíso masculino "estragase" cando aparece en escena a Pousadeira. Ou cando Jacques e o outro chegan á pousada dela. A Pousadeira é tan falangueira como Jacques e conta contos, fala das cousas da vida e emite asombrosas opinións sobre as mulleres e os homes sen importarlle moito ser escoitada por tres homes. Si, tres, porque ademais de Jacques e o seu amo tamen escoita, atentisimo e calado coma un peto, o marido da Pousadeira.

Estes contos, interrompidos constantemente polos outros, como acontece nas mellores conversas, tentan buscar a diferenza entre o enamoramento e a sedución, entre o sentimento e o instinto, entre a paixón e a violencia, entre o engano e o enxeño, entre o insulto e a liberdade de expresión, entre o nefando pecado do adulterio e a libre circulación de fluidos...en definitiva, sobre os amores. Tamén se tratarán temas importantes como a dominación de clase, a prostitución, a amizade, o roubo, a coraxe, a poesía e o tabaco.

Os artistas en escena son catro, María Costas, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Piti Sanz, que se multiplicarán no cambio de personaxes, de puntos de vista, de posición no campo, de figura do frívolo xadrez imaxinado pola mente libertaria de Denis Diderot.

FICHA TÉCNICA Y ARTÍSTICA

Elenco:

Víctor Mosqueira como Jacques

Marcos Orsi como o amo

María Costas como a pousadeira

Piti Sanz como o home da pousadeira

Espazo Escénico:

Marcelino de Santiago, “Kukas”

Deseño de Iluminación:

Octavio Mas

DirecciónMusical:
Piti Sanz

Vestiario:

Vaello

Axudante de Produción:

Efrén G. Pedrero

Produción:
Rubén G. Pedrero

Autor:

Denis Diderot

Axudante de Dirección

Evaristo Calvo

Adaptación e Dirección:

Quico Cadaval

Estrea:

29 de xaneiro en Carballo

Duración:

90 minutos

Gravación Completa do espectáculo premando no enlace

Espectáculo fora de distribución

Save this product for later
Share by: