Tienda

0

Obra (2008)

937
€0.00
In stock
1
Product Details

No 1604 o físico e matemático Galileo Galilei desde o alto da torre de Pisa, e aproveitando a sua inclinación, demostrou experimentalmente que dous corpos a cairen no vacío fanno á mesma velocidade, independentemente do seu peso, de ser pena de ganso ou moeda de prata. Moitos anos antes nun lugar esquecido na poeira do tempo, en Babel, un tiránico rei que tiña uns aforros quixo levar ao céu unha construción humana nun carísimo xesto de desafio a deus. Estes dous feitos, o de Babel e o de Pisa, aparentemente inconexos confluirian no século XX, en proporcions espectaculares, na illa de Manhattan. A construción compulsiva de arrañaceus, desafiando a lei da gravidade, atraeu o concurso de exércitos inteiros de traballadores de todo o mundo, que encheron as obras co seu Babel de línguas.

Este é o contexto no que se desenvolve a OBRA. Tres operarios, procedentes de distintos lugares do mundo (As Goianas, Polonia e o Mediterraneo occidental) comparten traballo, lecer,comida, opinions e vida cotiá, no nível 81 dunha arrañaceus em construción. Muitas veces, adormecidos ou despertos, aparécenselle as lembranzas da sua terra de orixe. Mais a saudade, a ilusión, os soños, e todas esas formas de inconsciencia non deben durar moito en lugares onde un descuido pode significar a morte por caída libre. Galileo avisaba e non era traidor.

O espectáculo vai acompañado por un piano que percorre os éxitos musicais da época, um momento no que se estaba reinventando a música popular, co ragtime, o fox, o dixie, o blues, o cinema estaba aprendendo a falar e a cantar, o tap-dance era a nova forma de camiñar, a lei seca chegaba ao seu fin, e a clase operaria procuraba novas formas de pracer para matar a saudade do vello pais e a rotina do traballo. Entretanto, a crise do 29, espreitaba.

Ficha Técnica e Artística

Elenco: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Borja Fernández
Pianista: Suso Alonso
Técnico de escena: Octavio Más
Deseño musical: Bernardo Martínez
Deseño espazo escénico: Baltasar Patiño
Deseño iluminación: Baltasar Patiño e Octavio Más
Gardarroupa: Cloti Vello
Construcción escenografía e atrezo: Kukas Producións Artísticas
Producción: Evaristo Calvo
Axudante de dirección e dramaturxia: Xoán Cejudo
Dirección: Quico Cadaval

Premio María Casares a Mellor Actor Protagonistas (Víctor Mosqueira) - Premio María Casares a Mellor Música Orixinal (Suso Alonso)


Save this product for later
Share by: