Tienda

0

O Turista Madrileño (2010)

938
€0.00
In stock
1
Product Details

Yo una vez le pregunté a un gallego si subía o bajaba y me dijo que a mi qué cojones me importaba. Ese no era muy gallego, pa mi que había viajado algo porque si no, no me contesta así. El gallego puro, si le preguntas te responde "Nu sé" y se encoge de hombros”.

Esta cita só pode vir do TURISTA MADRILEÑO, unha das personaxes televisivas máis necias nunca vistas. O TURISTA MADRILEÑO, interpretado maxistralmente por Evaristo Calvo, é unha creación de Zopilotes, trío composto polos guionistas Andrés Mahía, Carlos Ares "Parrocho" e Xosé Castro "Pato", artífices de AIR GALICIA, programa de humor emitido durante varias tempadas na Televisión de Galicia e gañador do Premio Mestre Mateo á mellor serie do audiovisual galego en 2008.

Tras percorrer a xeografía galega en cromas imposibles, O TURISTA MADRILEÑO regresa co seu característico polo rosa, faldriqueira e gorra de España, para mostrar o seu particular visión do pobo galego polos cafés, pubs e salas de toda Galicia (e alá onde queiran escoitalo, claro está, pois como bo orador sempre ten algo que dicir, aínda que non teña idea de nada).

Evaristo Calvo inicia a sua actividade como actor profesional no ano 1988. Desde entón compaxina os traballos de actor, tanto no teatro como no cine e na televisión, cos de autor e director de escena no teatro, e os de guionista de televisión. Cofunda con outros profesionais as compañias Ollomol Teatro Submarino, Ollomol Tranvia e Mofa & Befa. Participa como actor en mais de trinta espectáculos entre o os que destacan; O ano do cometa e O incerto señor don Hamlet... , Commedia e O rei nú , Anxeliños polo que recibiu o premio Maria Casares, Finismundi Circus entre outros de Mofa&Befa. Na TV participa en programas de humor como Air Galicia , en series como Platos Combinados e en formatos infantís como Xabarin Club.

Save this product for later
Share by: