Tienda

0

Mofa & Befa - Shakespeare para ignorantes (2009)

928
€0.00
In stock
1
Product Details

IGNORANCIA.- Falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral.

SHAKESPEARE.- Criador e produtor teatral de grande suceso no século XVII.

O aspecto inicial do espectáculo é o do produto didáctico en estado puro, recalcando a condición do público de colectivo carente duns concretos coñecementos. Dende esta transparencia expositiva, o primeiro que se desenvolverá na escena será a conferencia dun prestixioso profesor. Presumidamente, a conferencia pretende ser unha amena palestra para un público con coñecementos menos que básicos da imortal obra do conspicuo bardo. O profesor reclamará, para facer máis deleitosa a instrución que pretende inocular nas moleiras dos circustantes, o concurso de dous actores talentosísimos, máis temporalmente desempregados. Estes son MOFA&BEFA.

MOFA&BEFA irrompen na académica conferencia sobre o famoso autor para poñer en primeiro plano as escenas máis ignoradas, por desidia ou falta de oportunidades, polo público actual. O riso máis cruel, as intimidades máis vergoñentas, os actos máis desonestos, as vilanias máis astutas, os mecanismos máis ocultos do mal serán mostrados pola máquina cómica de MOFA&BEFA. Asasinos, mendigos, bufóns, conspiradores, cornudos, chivatos, oportunistas, chulos, torturadores, todas as personaxes que nunca teñen o protagonismo, terán agora a oportunidade de mostrarse no primeiro plano.

Cando escollemos o termo “ignorantes” referímonos só a unha parte do significado da palabra. Case todos os diccionarios importantes clonaron a mesma definición de ignorancia: “Falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral”. Nós dirixímonos a un público falto de noticias, estrictamente sobre Shakespeare e que anseie telas, para o seu uso persoal. Pensamos que a ninguén se lle pode atribuir falta de ciencia para desfrutar de Shakespeare, porque nada do humano lle foi indiferente. Até o punto de que moitos afirman que el foi o zoólogo que mellor coñeceu a especie humana. O astuto e intelixente público de MOFA&BEFA poderá tirar deste espectáculo valiosos recursos para resolver problemas da sua vida privada, laboral ou pública.

En Shakespeare para ignorantes, utilizamos materiais procedentes de “MacBeth”, “Ricardo III”, “Pericles, príncipe de Tiro”, “Rei Lear”, “Hamlet”, “Xulio Cesar”, “Romeu e Xulieta”, “Otelo”, “Como gostades”, “Cimbelino” e “Medida por medida”.

Shakespeare para ignorantes, é un espectáculo influido pola poética de Mosqueira, a pragmática de Calvo e a épica de Cadaval.

“Cando os versos dun home non poden ser comprendidos (...) por ese meniño precoz, a intelixencia, o home séntese mais morto que se lle presentaran unha conta enorme nunha mísera taberna” . W. Shakespeare en As you like it. Acto IV .

Ficha Técnica e Artística:

Elenco: Quico Cadaval, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira
Técnico de escena e deseño d eiluminación: Octavio Más
Producción e Distribución: Rubén G. Pedrero
Deseño gráfico: Pancho Lapela
Dirección: Quico Cadaval
Colaboradores: Xoan Céjudo, Isabel e Kukas, Pilar Paz, Ana Triñanes, Clara Brea, Pepe Penabade, Josinho 13 e Fernando Reyes.

Premio Max á Mellor Texto Orixinal en Galego (Quico Cadaval) - Premio María Casares á Mellor Texto Orixinal (Quico Cadaval)

Gravación completa do espectáculo premando no enlace.

Save this product for later
Share by: