Tienda

0

MONSTROS (2024)

100
€0.00
In stock
1
Product Details

Amanda, Valentín, Clo e o silencioso Max, teñen o plan perfecto para loitar contra unha tarde de aburrimento: irán ata a Casa das Pantasmas que hai case na saída da vila. É un sitio marcado por historias aterradoras, na que se di que paran absolutamente todos os seres terroríficos do lugar: dende o vampiro de Lalín ata unha misteriosa serie de pantasmas. Pero non é tan sinxelo chegar ata alí. Para comezar teñen que rescatar a Clo do seu castigo e despois pasar por varios perigos, como a ponte podre que cruza o río, a finca do malvado Catavís que garda o can Sultán... e o máis importante: entrar na casa, que semella pechada e ben pechada. Un momento! Parece que hai un furadiño na porta polo que poden botar unha ollada... que haberá dentro?

MONSTROS é unha divertida aventura para toda a familia que nos propón risas e reflexión ao mesmo tempo. Que é aquilo que nos causa temor máis que o que é diferente a nós? Non somos todas e todos un pouco raros? Non poderemos parecer monstros ante os ollos de outras persoas? MONSTROS é o artefacto divertido que nos conta que aprender a convivir cos nosos medos axúdanos a entendernos a nós e ás demais persoas, a aceptar as nosas propias monstrosidades.

MONSTROS é un espectáculo orientado para público escolar e familiar cun elenco de primeira. Patricia Vázquez, Rocío González e Víctor Mosqueira; e coa música en directo do músico Piti Sanz. Un espazo escénico composto por un tendedeiro a gran escala e a música en directo axudarán a levarnos de paseo polos ambientes mais sinistros. Quen son as autoras desta farsesca viaxe ao planeta do medo? María Lado e Lucía Aldao. Quen dirixe esta festival do humor e o terror? Marcos Orsi.

Duración: 55 minutos

Para todos os públicos (especialmente recomendada para rapazada de 4 a 12 anos)

Estreada o 24 de febreiro de 2024 no Fórum Metropolitano da Coruña

MONSTROS conta co apoio da Xunta de Galicia e Agadic ao abeiro das subvencións á creación escénica 2024

Save this product for later
Share by: