0

MOFA & BEFA: OS DOUS DE SEMPRE (2025)

€0.00
In stock
Product Details

Producións Teatrais Excéntricas construiu os seus últimos éxitos adaptando para o teatro grandes figuras da literatura galega. A teatralidade do Porco de Pé de Risco e o Auto do Castromil de Manuel María, fixeron as delicias do público asistente ás mais de 120 funcións por toda a xeografía galega. Agora tocoulle a vez a Castelao.

Moita xente, cando escoita a expresión “Os Dous de Sempre”, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O duo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo rio do humor galego que ten a sua fonte nos bufón e no escarño medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao. Mofa e Befa pertencen á estirpe dos pallasos de circo, dos artistas do cinema mudo, dos canallas do cabaret. Agora decídense a encarnar duas personaxes de papel, concebidos por un humorista gráfico: Os Dous de Sempre.

Pedriño e Rañolas son contradictorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece en outras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto clube, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarias e que Castelao admirou com compasivo humor.

Os pallasos son criaturas feitas de mesturar un tolo e un neno. Para facer un bufón fai falta, ademáis, un animal, o animal que todos levamos dentro. Nenos, Tolos e Animais componen o rico universo humorístico de Castelao, o seu retábulo da risa absoluta, da comedia humana do pobo galego. Mofa e Befa vai meter todo este universo humorístico nas figuras de Pedriño e Rañolas. Os Dous de Sempre son como irmáns siameses, un corpo que se escinde polo bisturi do doutor Castelao, e que andan os dous polo mundo, incompletos, tentando reencontrarse e conformar de novo un corpo único, harmónico, no que unha parte rouba mazás , e outra, cómeas.

Ficha Artística & Técnica

Os Dous de Sempre de Mofa & Befa, inspirada na obra de Castelao

Elenco

Evaristo Calvo

Víctor Mosqueira

Josito Porto

Espazo Escénico e Lumínico.- Baltasar Patiño

Indumentaria.- Carlos Alonso

Dirección Musical.- Bernardo Martínez

Dirección de Movemento.- Marcos Orsi

Xefe Técnico.- Octavio Mas

Construción de escenografía.- Kukas & Pepe Quintela

Fotografía & Vídeo.- Sonia García

Asistente de produción.- Mon Serodio

Produción.- Rubén G. Pedrero

Dramaturxia.- Varela & Cadaval

Dirección.- Quico Cadaval


Estrea o 17 de outubro de 2025 no Auditorio Municipal de Rianxo

Duración: 99 minutos

Idade Recomendada: +13 anos


“Mofa & Befa. Os Dous de Sempre” conta co apoio económico xa Xunta de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais ao abeiro das axudas a creación escénica 2025.

Enlace ao trailer

Share this product with your friends
MOFA & BEFA: OS DOUS DE SEMPRE (2025)