Tienda

0

Estrela do Día (2021)

922
€0.00
In stock
1
Product Details

Sabías que se conservan mais de 400 milagres de Santa María, en códices do século XIII... en galego?

Sabías que a Divina Señora adquiría as formas máis sorprendentes para axudar ás persoas infelices que llo pedían?

Sabías que nos tempos de medo e incerteza que estamos a vivir, hai millóns de persoas que siguen a pedir un milagre de María, a Estrela Matutina?

Sabías que a maioría dos milagres da Señora serían hoxe condenados pola igrexa e perseguidos polo código penal?

Para contar todas estas cousas, P.T. Excéntricas apresenta, ESTRELA DO DÍA , unha comedia divina, chea de cor, de música, de misterio e de humor. A palabra poética dos códices foxe do libro e encárnase na escena. As personaxes saen das miniaturas medievais e chegan aos nosos días da man e do talento de EVARISTO CALVO, ROCÍO GONZÁLEZ, VÍCTOR MOSQUEIRA e PATRICIA VÁZQUEZ.

Estrela do día é unha experiencia para o público recuperar a fe no teatro, o único lugar onde o milagre aínda é posíbel. Baixo a batuta de director de MARCOS PTT CARBALLIDO, experto milagrista, os comediantes levarán de novo os prodixios de María ante os asombrados ollos dos espectadores mais descreidos: a apoteose da nova inocencia, a inxenuidade regresa para salvar o mundo. Para isto, o máxico PTT , acostumado a facer maxia por todo o mundo co seu “Retrete de Dorian Gray” , abrirá o cofre dos seus monstros preferidos: QUICO CADAVAL nos textos, LAURA ITURRALDE na escena iluminada, UXIA VAELLO nas roupaxes, NACHO MUÑOZ no deseño sonoro, e a cumplicidade imprescindible dos partenaires do mago: EZRA MORENO nos artefactos, CARLOS SANTIAGO nas palabras secretas e GUITIÁN nas miniaturas.

Entre o terror milenarista e a peste negra aparecen as Cantigas de Santa María unha obra extraordinaria encomenda polo rey Afonso X na que conxuran a poesía, a música e a pintura. As cantigas foron un artefacto multimedia no que se contaban as tremendas historias de supervivencia, de persecucións e guerras, de marxinación e praceres, de aventuras e violencias, nas que os personaxes se enfrontaban ao seu destino e encontraban solucions luminosas e fantásticas. Sempre coa axuda infalible da Santa María trunfando sobre o mal con múltiples recursos. Durante séculos, estas historias foron levadas polos comediantes por todas as terras para asombro e rexouba dos inocentes espectadores.

Agora todo mudou. Ne aprendemos atemer aos diferentes, fanaticos disputan anacos de terra deserta e chamanlle santa, a actualidade, o público perdeu a inocencia e xa non cre nos milagres... polo menos, non nos da Virxe. A televisión converteunos en seres sabios e descridos. Pero as persoas mais atentas avisan de que regresa a Idade Media: Por todas as esquinas xurden predicadores, a guerra gañou de novo o alcume de santa, afúndense imperios e levantanse novas bandeiras, o hábito de pensar desaparece e aprendemos a temer e odiar aos diferentes, a televisión fai renacer a violencia da espada, e para completar o cadro, temos unha peste universal que mata sen distinguir os xustos dos inxustos. Dies irae, Dies irae!! E todas e todos esperamos un milagre. Ainda que non o queiramos recoñecer, rezamos coa boca pechada, para non sermos oidos polos demais. Mesmo así, as nosas rezas foron escoitadas e a arela dos nosos corazóns farase realidade.

EXCENTRICAS lanza un novo espectáculo para iluminar estes sombríos tempos de escuridade e desánimo. ESTRELA DO DÍA virá alumar os nosos corazóns con toda a divina parafernalia do teatro: a música e a comedia, a sorpresa e a cor, a emoción e a fortaleza. En definitiva, a invención dun novo mundo diante dos nosos ollos. Unha visión actualizada dos milagres de santa María aplicados aos problemas actuais (Asombrosamente parecidos aos daquel século XIII) Voltarán a desfilar diante dos nosos ollos, neste retábulo do século XX, os soldados que foxen da guerra, a mociña obrigada a casar con quen non quere, os que expulsados dos seus lares son amoreados como gado, os presos por roubar comida, a monxa que foxe do convento, o que cansado deste mundo , quere vivir noutro sen morrer, o que perde unha pelota e daría o que ten para seguir xogando, a que foxe da manda de brutos que a acosan, os que perden a compaña do animal que preferen calquera humano, a que procura a curación da emfermidade mortal... Dramas resolvidos pola intervención milagreira de María con aparicións dignas da mellor vedette de varietés.

A estrea foi o 27 de febreiro de 2021 no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña

Trailer

Vídeo Completo


Save this product for later
Share by: