Tienda

0

CARTOÓNS (2019)

108
€0.00
In stock
1
Product Details

Dous tipos abandonados nas marxes.

Pode ser na marxe do mar, morando nunha pequena e coqueta illa. O que se chama vulgarmente náufragos, robinsons. Persoas que perderon pé e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber até o smoking que necesitan para acudir a unha gala.

Poden estar na marxe do primeiro mundo, e seren seres que se ven obrigados a exiliarse da guerra da sua patria, para instalarse nas comfortables valados que lles poñemos na porta da UE ou dos USA. Perderon todo e teñen que inventalo todo de novo.

Ou, para non viaxar tanto, poden ser marxinais que viven na marxe da nosa sociedade e conveten en luxo o noso lixo.

Todo isto parece un drama, mais non é. Se o contase un circunspecto xornalista de investigación, sería sen dúvida, motivo para o pranto. Mais os que penetran e esculcan neses mundos son dous clowns. A ollada inocente dos pallasos fannos ver as cousas diferentes aos medios de comunicación, e cando o candor do clown se atopa coa inocencia da infancia (a primeira, a auténtica) entre as duas crean mundos que antes non existian. As crianzas ven o mundo como non o voltarán a velo e os adultos que os acompañen poderán descubrir algo novo tamén.

Os clowns, que teñen algo de dibuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de carsón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nos tiramos ao lixo diariamente.

O cartón serviralles para construir casas, tuberias do gas,cortinas das xanelas, revisteiro, rolo de papel hixiénico, bandeixas, edredons, motos, parasol de praia, catalonxe, skis, ponchos, avions ,emparrados... en definitiva, todo o que o común da xente vai adquirir a unha coñecida multinacional sueca.

As escenas descritas, estimulan no auditorio infantil o impulso lúdico,a capacidade mimética, a plasticidade imaxinativa e a criatividade orientada. Tamén é un veículo este espectáculo, de valores, como a colaboración, o traballo colectivo, a solidariedade, a consciencia ecolóxica, a empatía social e a autosuficiencia.

A arte poética de convertir o refugallo en bens de uso, tamén icide nas tres famosas "R"s do ecoloxismo: reducir, reutilizar, reciclar.

Josito Porto e Víctor Mosqueira, son os interpretes e creadores de "Cartóons". A experiencia nos distintos rexistros cómicos, a empatia e cumplicidade que conseguiron no espectáculo "Cranios privilexiados" , e as suas variadas pericias artísticas fan de Josito e Víctor, os actores perfectos para levar a cabo, este espectáculo de tan singular factura. Os dous artistas non deixarán pasar a oportunidade de mostrar os seus talentos para o cantar e tocar instrumentos, e mostrar as suas habelencias na área da maxia.

Víctor Mosqueira, a cargo da dirección, ten a oportunidade de verquer todos os coñecementos adquiridos na área da clown, a comedia física e os sketches de farsa contemporánea. Estes coñecementos parten, para alén dun talento natural, da formación en Commedia dell Arte en Italia, traballos con Eric de Bont, a creación de lances cómicos para TV, as ultranoites da NASA, os espectáculos de Commedia con Ollomol, e fundamentalmente, o longo camiño de experimentación e éxitos do dúo Mofa&Befa.

O espectáculo CARTÓONS é unha creación en parceria de Víctor Mosqueira e Josito Porto, mas botarán man de algúns colaboradores, como Quico Cadaval, Kukas e Ana Triñanes. Forma parte da celebración do 15º Aniversario de Excéntricas (2004-2019), supón o primeiro espectáculo da compañía para público infantil.

Espectáculo finalista nos Premios de Teatro María Casares 2020 na categoría de Mellor Espectáculo Infantil.

Máis de 100 funcións representadas!!!

Trailer

CARTOÓNS - "Encontro de Educación Ambiental sobre compostaxe para centros de ensino de Pontevedra"

CARTOÓNS - "Problemas co papel hixiénico"



Save this product for later
Share by: