Tienda

0

CADAVAL CONTA... OS INOCENTES (2018)

107
€0.00
In stock
1
Product Details

"Os Inocentes" nace da operación de pulido e compulsa co público, até lograr a forma definitiva do
relato escénico. A técnica que leva anos traballando Quico Cadaval. Con Os Inocentes, logra un espectáculo de sorprendente coherencia, coa aparición dun retábulo da inocencia, un tríptico con tres protagonistas Manuel, Marquiños e Pastor, que fan honra a todos os alcumes, humillantes ou compasivos que se lles colocou a estas personaxes: almiñas. mansos, á boa de deus, que lles falta un fervor, que están a esperar que deus chame por eles, que non son ben donos dos seus dias,que están mais aló que acó... Personaxes que
dende a sua singularidade mental, ou filosófica, ofrecen lecturas iluminadoras sobre a grande creación dos xuizosos e intelixentes: A GUERRA. Unha clarividente ollada que os inocentes deitan sobre a guerra civil.


Un espectáculo de narración teatral na que o creador das historias abana entre a proximidade cotidiana co público á identificación cos protagonistas da historia. Un espectáculo épico, en todos os sentidos da palabra.

Save this product for later
Share by: