Tienda

0

A Cabeza do Dragón (2017)

927
€0.00
In stock
1
Product Details

"A Cabeza do Dragón” foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”.

A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamen na nosa, a cultura europea. Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor
ao monstruo se queren salvar as vidas e as facendas do reino.

Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aqui é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a cuidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a libertade.

Esta fabula, que é do dominio público, está brillantemente manipulado polo autor. Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso... A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que él creou: o esperpento.

Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de “A Cabeza do Dragón” no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán.

PT Excéntricas conseguiou a colaboración de Baltasar Patiño, unha referencia no teatro español, para o espazo escénico e a iluminación. A indumentaria e o deseño gráfico será un traballo da imaxinación e da man de Suso Montero. A música será unha partitura composta ex-profeso por Javier María López para a noso espectáculo. A gravación desta BSO será dirixida polo maestro Diego García
Rodríguez
, comandando o T.A.C (Taller Atlántico Contemporáneo) formado por prestixiosos músicos, moitos deles profesores da Real Filharmonia de Galicia.


O espectáculo contará cunha coreografia específica de loitas e combates de Iván Marcos. A versión galega e a dirección serán, mais unha vez, responsabilidade de Quico Cadaval que contará cun alargado elenco de oito actores e actrices encabezado por Iván Marcos, Yelena Molina, Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira, María Costas, Josito Porto, Marcos Orsi e Quico Cadaval que tamén estará presente en escea.

"A Cabeza do Dragón" gañou 4 Premios de Teatro María Casares que otorga anualmente a Asociación de Actores e Actrices de Galicia nas categorías Mellor Adaptación /Traducción (Quico Cadaval), Iván Marcos como Mellor Actor Protagonista, Víctor Mosqueira como Mellor Actor Secundario e Suso Montero ao Mellor Vestiario. Ademáis, foron finalistas Quico Cadaval (Mellor dirección), Josito Porto (Mellor actor secundario) e Baltasar Patiño (Mellor Iluminación)

Dende a súa estrea o 3 de marzo de 2017, "A Cabeza do Dragón" tivo 40 funcións incluindo estrea en Portugal.

Trailer

Gravación completa do espectáculo

Espectáculo fora de distribución

Save this product for later
Share by: