Xira 2012 de Oeste Solitario

luns, 16 xaneiro, 2012

Este venres 20 de xaneiro comeza no Pazo da Cultura de Pontevedra a xira 2012 de "Oeste Solitario" de Martin Mc Donagh, o último espectáculo de Excéntricas, protagonizado por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e mais Marcos Correa e coa dirección de Quico Cadaval.

As datas confirmadas son as seguintes:

- 20 e 21 de xaneiro - Pontevedra - Pazo da Cultura - 21h

- 28 de xaneiro - Narón - Pazo da Cultura - 20h

- 16 de marzo - A Estrada - Teatro Principal

- 17 de marzo - Vilagarcía - Auditorio Municipal

- 24 de marzo - Oleiros - Auditorio Gabriel García Márquez

- 28 de abril - Viveiro - Teatro Pastor Díaz

- 05 de maio - Cangas - Auditorio Municipal

- 17 de maio - Ourense - Teatro Principal

- 25 de maio - Bertamiráns - Casa da Cultura

Web Design by nlocal