"Un Cranio Furado", o novo producto de Excéntricas en coproducción co FIOT de Carballo estará os días 7 e 8 de decembro no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Esta é a segunda vez que o teatro compostelán acolla o espectáculo protagonizado por Dorotea Bárcena, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e mais Santi Romay pois "Un Cranio Furado" xa estivo con gran éxito na Feira Galega das Artes Escénicas.
"Un Cranio Furado" comeza ás 21 horas tanto o día 7 como o día 8.
Moi cedo, estará disponible a axenda de actuacións do primeiro semestre do 2011.