Dende Excéntricas desexamos que pasedes unhas Boas Festas e coma sempre, non descansamos en Nadal e temos algunha coutra función con Quico Cadaval como protagonista.
O 21 de decembro, Cadaval estará contando Contos arredor do himno no Edificio das Escolas de Ponteceso como parte da programación do Día do Himno 2018.
O venres 28 estará en Meira xunto a Carlos Blanco, na Homenaxe ao noso querido Xosé da Flor. A función será na Casa da Cultura e comezará ás 21:00h.
E rematará o ano o sábado 29 ás 21:30 horas no Auditorio de Baio en Zas cunha nova representación de "Os Inocentes", con entrada de balde ata completar aforo.