O 25 de xullo, Mofa & Befa, Quico Cadaval e Celso Sanmartín estarán no Festival TerraCeo de Vigo, un dos novos festivais máis interesantes da escea cultural galega.
A actuación está incluida nos actos de celebración do X Aniversario de Noites de Retranca de Rababiero Promocións Artísticas.
Unha tarde-noite inesquecible co mellor teatro galego na Terraza do Auditorio do Mar de Vigo. As actuacións comezarán ás 20:30 horas e as entradas están á venda en Entradas A Taquilla.