Shakespeare para Ignorantes en Barcelona

martes, 18 novembro, 2014

5 anos despois da súa estrea, por fin, SHAKESPEARE PARA IGNORANTES chega a Barcelona e o fai con dúas funcións moi especiais.

O xoves 4 de decembro Mofa & Befa e Quico Cadaval estarán no Teatre Plaza de Castelldefels. A función será ás 21 horas e está incluida no programa Platea promovido por Inaem. Para máis información e venda de entradas, neste enlace.

O día seguinte, chegamos a Barcelona cunha función moi especial en versión orixinal. En inglés? non! En Galego!!! Será no Espai Jove La Fontana. As entradas custan 5€ e están á venda no Ateneu Roig de luns a venres (de 16 a 20h). Toda a información neste link.

Ya sabedes... xoves 4 de decembro en Castelldefels (función en castelán) e venres 5 en Barcelona (función en galego).

Web Design by nlocal