Sempre ao Lonxe en Getafe

mércores, 27 febreiro, 2013

Tras varios anos sen sair de Galicia, SEMPRE AO LONXE (SIEMPRE LEJOS en castelán) visitará o Teatro Federico García Lorca de GETAFE no mes de marzo nunha función moi especial organizada polos amigos de CULTURA INQUIETA.

A cita será o vindeiro venres 15 de marzo ás 21 horas e as entradas xa están a venda en Entradas.com

Unha cita inesquecible acompañados, entre outros, polos moinantes ou os flamencos abertzales.

Xa sabedes, 15 de marzo SIEMPRE LEJOS en Getafe.

Web Design by nlocal