Semana movidita en Excéntricas

luns, 7 decembro, 2020

Atentas e atentos as funcións desta semana:

O venres 11, MEDIDA X MEDIDA chega ao Auditorio Municipal de Vigo. As entradas estaban esgotadas dende outubro, pero grazas aos incrementos de aforo aprobados a pasada semana hai máis entradas á venda. Pouquiñas pero algunha queda na web de Eventbrite.

O sábado 12, QUICO CADAVAL, estará de merenda e contos na A Arca da Noe en Vilar de Santos (18:00h).

Un pouco máis tarde, ás 20:30h, CARTOÓNS visitará Carral cunha actuación de balde no Novo Local Xente de Taboeiro. A reserva de entradas estará dispoñible no Facebook Cultura Carral.

E ao día seguinte, domingo 13, ás 12:30h, Hum & Ous, levarán os seus CARTOÓNS  ao marabilloso Teatro Jofre de Ferrol.

E mentras, polas mañanas, continúan os ensaios de ESTRELA DO DÍA, a nova produción de Excéntricas, a estrear o 5 de febreiro no Teatro Principal de Compostela.

Web Design by nlocal