Durante todo o mes de xaneiro e grazas ao apoio do Concello de Outes, a equipa de ESTRELA DO DÍA estará a facer unha residencia artística na Casa da Cultura de Outes.
A previsión era ter unha prestrea o sábado 30 de xaneiro, mais debido as restricións polo COVID-19, decidimos tanto a concellería de cultura como Excéntricas, adiar esa representación pública e facela máis adiante cando sexa posible ter un maior aforo, que esperamos sexa o antes posible.
Tras Outes, marcharemos ao Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde estaremos uns días antes da grande estrea o 5 de febreiro.