Temos o pracer de comunicar que "A Cabeza do Dragón" ten 7 finalistas nos Premios de Teatro María Casares que otorga anualmente a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Os finalistas son os seguintes:
Quico Cadaval nas categorías de Mellor Dirección e Mellor Adaptación /Traducción
Iván Marcos como Mellor Actor Protagonista
Víctor Mosqueira e Josito Porto como Mellor Actor Secundario
Suso Montero ao Mellor Vestiario
Baltasar Patiño á Mellor Iluminación.
Dende a súa estrea o 3 de marzo de 2017, "A Cabeza do Dragón" tivo 39 funcións ao longo do ano, incluendo estrea en Portugal e en outono será un dos espectáculos protagonistas do Festival Don Quijote de París, ademáis de continuar a súa xira pola península.
As vindeiras citas en Galicia serán o 9 de marzo no Teatro Jofre de Ferrol (20:30h) e o 19 de agosto na IV Semana do teatro de Cee.