Mofa e Befa en Lugo

martes, 31 xaneiro, 2012

Mofa e Befa comezan febreiro con 2 grandes actuacións en Lugo.

O sábado 4, ás 23.30h, representarán de novo, tras moitos anos de reposo, CULTURA PARA DAR E TOMAR. Esta cita inesquecible será no Club Clavicémbalo.

E o luns 6, ás 20.30h, SHAKESPEARE PARA IGNORANTES, o espectáculo de Mofa e Befa e Quico Cadaval estará na XII Mostra de Teatro Clásico Cidade de Lugo (Auditorio Municipal Gustavo Freire) sendo ésta a primeira función de "Shakespeare para Ignorantes" en Lugo.

Venda de entradas a través de internet na billeteira dixital de Novagalicia Banco ou por teléfono no 902 434 443

A partir do día 4 poderanse adquirir na oficina municipal de turismo (Praza do Campo 11) de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 18:00. No auditorio Gustavo Freire 1 hora antes de cada obra os días de representación.

Web Design by nlocal