Mofa & Befa no VI Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui

mércores, 18 abril, 2018

Continúa a exitosa xira de "Cranios Privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira", o novo espectáculo de Mofa & Befa. Superadas as 22 funcións e máis de 7.000 espectadores, este finde semana chega unha das función máis especiais da xira.

O domingo 22 de abril, serán protagonistas do VI Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui, un festival benéfico no que a recaudación irá a asociación que permite que nenos e nenas saharauis pasen un mellor verán na nosa terra.

A función custa só 5€ e será ás 19:00 horas no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira no Concello de Silleda. As entradas estarán á venda na billetiera do Auditorio a partir das 17:30 horas.

Vind eproque ademáis de pasalo ben, a entrada será unha grande axuda.

Mais esta non é a única función desta semana. O día antes, sábado 21, "Cranios Privilexiados" visitará o Auditorio da Casa da Cultura de Melide. A función comezará ás 21:30 horas, a entrada é de balde e pódense recoller os convites 45 minutos antes do comezo da función.

E logo, a partir de maio, a xira filosófica de Mofa & Befa continuará polas seguitnes cidades:

- 05 de maio no Auditorio De Rianxo
- 11 de maio no Auditorio do Burela
- 02 de agosto no Cine Auditorio Municipal Illa de Arousa
- 15 de agosto na Mostra de Teatro de Cariño

- 20 de agosto na IV Semana de Teatro e das Artes Escénicas do Concello de Cee
- 02 de setembro no Auditorio do Concello de Salceda de Casellas
- 06 de outubro na XXXI Edición dos Circuitos Teatráis de Concello de Moaña
- 09 de outubro no Festival Internacional de Teatro Cómico de Maia

- 12 de outubro no Auditorio Municipal do Concello Riveira
- 26 de outubro na Casa da Cultura do Concello de Allariz

- 31 de outubro na Casa da Cultura de Santa Comba
- 03 de novembro na Casa da Cultura de Padrón - 11 de novembro no Cine Elma da Pobra do Caramiñal
- 22 de decembro no Padroado de Cultura Concello de Narón

Graciñas polo voso apoio! E coma sempre poder seguir toda a actualidade de Mofa & Befa en www.facebook.com/mofaebefa

Web Design by nlocal