Mofa & Befa en Compostela

luns, 20 maio, 2013

No mes de xuño, Mofa & Befa estarán moi presentes en Compostela con moitos e diferentes espectáculos.

Do 12 ó 14 Mofa & Befa estarán nos Microteatros da Regadeira de Adela. 3 días con 3 actos diferentes, Acto sen Palabras I (mércores 12), Acto sen Palabras II (xoves 13) e Acto sen Palabras III (venres 14). As sesións comezarán ás 20.30 horas e ten un prezo de 3€.

Mais isto é só o comezo pois do 25 o 28 M&B serán os encargados de pechar a tempada do Teatro Principal con "Sempre ao Lonxe" (25 e 26) e "Románticos!" (27 e 28).

"Sempre ao Lonxe" un dos espectáculos míticos de Mofa & Befa retorna a Compostela tras moitos anos de ausencia. Música e moito humor, acompañados por Piti Sanz e inivtados especiais como os flamencos abertzales ou os moinantes.

"Románticos!" un dos éxitos da tempada volve o Principal, teatro onde foi estrado o 31 de outubro e onde tivo 5 cheos seguidos.

As funcións comezarán ás 21 horas e ten un prezo de 10€ - 6€ no anfiteatro mais hai un pack especial de 15€ para ver os dous espectáculos.

As entradas están xa á venda na billeteira do Teatro Principal.

Web Design by nlocal