O 29 de xaneiro estrenamos no Pazo da Cultura de Carballo OS AMORES DE JACQUES O FATALISTA a nova produción de Excéntricas con grande éxito e unha grande ovación do público. Exito repetido o día seguinte en Muros.
O espectáculo, protagonizado por Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e mais Piti Sanz, todos eles baixo a dirección de Quico Cadaval continuará a sua xira no mes de marzo coas seguintes datas:
- 5 de marzo: Noia
- 10, 11 e 13 de marzo: Santiago de Compostela
- 18 de marzo: A Estrada
- 27 de marzo: A Rua
- 8 de abril: O Barco de Valdeorras
- 9 de abril: Oleiros
- 30 de abril: Vilagarcía de Arousa
- 7 de maio: Ortigueira
- 14 de maio: Cangas
- 9 de xuño: Ourense
Visita o seu blog www.osamoresdejacquesofatalista.blogspot.comonde poderás ver toda a actualidade da nosa nova produción.