Funcións adiadas

martes, 26 xaneiro, 2021

As nosas plegarias non foron suficientes ou tiveron o efecto contrario e todas as funcións que tiñamos nás vindeiras semanas quedan adiadas, incluida a estrea de ESTRELA DO DÍA no Teatro Principal de Santiago de Compostela. As novas datas en Santiago serán o 3 e 4 de xuño, COVID mediante.

 

Por tanto, a estrea de ESTRELA DO DÍA, pasa agora ao 27 de febreiro no Teatro Rosalía da Coruña. Crucemos os dedos.

 

Nos vindeiros días actualizaremos a axenda de funcións tanto no FB como na nosa web.

 

Graciñas polo voso apoio, forza e cuidádevos moito!!! Vos esperamos a todas e todos no teatro.

Web Design by nlocal