Fantasmas Familiares no Día do Libro do Teatro Colón

sábado, 20 abril, 2013

Nota de prensa conxunta co Teatro Colón: 

Quico Cadaval representará ‘Fantasmas Familiares’ o Día do Libro no Teatro Colón.


A obra sustitúe a Shakespeare para Ignorantes da que tamén forma parte Evaristo Calvo que este venres se mancaba durante unha función. A lesión que sufiru o actor galego obriga a suspender a obra deste sábado e máis a do martes 23 de abril.  

O actor e director galego Quico Cadaval trae ao Colón o seu texto Fantasmas Familiares no lugar do Shakespeare para Ignorantes que estaba previsto.   

Quico Cadaval, en deferencia co público do teatro, ofrece unha alternativa para que non queden sen  gozar do Día do Libro no Teatro Colón.


Devolución ou cambio das entradas:  

Todas as persoas que estaban o venres no teatro poden intercambiar as súas entradas para ver ‘Fantasmas Familiares’, ao igual que os que xa teñen entradas para este sábado e para Shakespeare para Ignorantes do martes.

 En caso de preferir a devolución dos cartos dos espectáculos cancelados a devolución das entradas faráse a través dos canais habituais de venda. No caso de ter mercado a entrada en efectivo, os despachos de billetes nos que poderán recuperar os cartos son o do Kiosko da Praza de Ourense no seu horario habitual, de 9.30 a 13.00 y de 16.30 a 19.30 h. e no despacho de billetes do Teatro Colón de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas.  

Web Design by nlocal