Da Vinci Tiña Razón! do artista francés Roland Topor é o novo espectáculo de Excéntricas que imos estrear o 16 de xaneiro de 2014 no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Un vodevil ochentero, cheo de humor, hedor e tensión, protagonizado por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Garat, Santi Romay e Ana San Martin todos eles baixo a dirección de Quico Cadaval.
As entradas para a estrea e as seguintes funcións no Principal (do 16 ó 19 de xaneiro) xa están á venda na billeteira do teatro. E atención porque ata o 14 de decembro hai unha oferta especial de lanzamento a 10€.
Para máis información sobre a nosa última locura, prema aquí.