Derradeiras funcións de OESTE SOLITARIO

venres, 19 abril, 2013

Hoxe e mañá, sábado 20, serán as derradeiras funcións de OESTE SOLITARIO, un dos mellores espectáculos do teatro galego dos últimos anos, gañador de 3 María Casares e finalista nos Premios Max.

Obra de Martin McDonagh, o autor británico máis representado en Estados Unidos despois de Shakespeare e retratista da Irlanda máis salvaxe e hilarante, "Oeste Solitario" está protagonizado por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e Marcos Correa, todos eles baixo a dirección de Quico Cadaval.

As dúas funcións de "Oeste Solitario" están dentro das Xornadas Excéntricas no Teatro Colón. As funcións comezarán ás 20.30 horas.

Tras Conversatório, Edipo e Románticos! só quedan 3 citas maís. Esta é a axenda:

"Oeste Solitario", venres 19 e sábado 20 de abril. Entradas á venda.

"Shakespeare para Ignorantes", martes 23 de abril, conmemorando o Día do Libro e o 397º aniversario da morte de Shakespeare. Entradas no enlace.

Ademáis o 23 de abril, haberá unha función escolar para institutos ás 12 horas cun prezo reducido. Se eres profesor/a e desexas asistir a dita función ponte en contacto connosco para darche máis información.

Web Design by nlocal