Concurso O PIOR DE MOFA E BEFA

luns, 28 novembro, 2011

Pasaron case 19 anos desde aquela noite quente dos Santos Inocentes na que Mofa&Befa, subiran ao palco da NASA e lanzaran ao mundo o seu grito angustioso:
QUEREMOS UNHA OPORTUNIDADE,
 

Desde aquela,foron crooners, políticos, rumbeiros, banqueiros, asasinos,altruistas profisionais, vendedores ambulantes, acrobatas, siameses, amigos de currogimenez, pachangueiros indostanos, operarios, príncipes,etc.
 

Sen dúbida, algún destes números ficou para sempre impreso na vosa memoria. Vos asististes atónito hai moitos anos a algunha destas mutacións. Agora é hora de que o vexa a tua descendencia.Escolle que numero de Mofa e Befa queres que vexan os teus fillos e netos.


Cómo?


Manda un comentario ao facebook de mofa&befa votando o teu skech preferido do mítico dúo e poderás gañar (ou non) dous billetes gratis!gratis!!gratis!!! para unha das galas que se apresentan o 1, 2, 3 e 4 de decembro no auditorio de novacaixagalicia en santiago, Na rua do preguntoiro, onde eran os armacens El Pilar.
 

O skech mais votado sairá das cinzas do esquecimento e aparecerá de novo ante os atónitos ollos dos novos espectadores de Mofa&Befa.


Só até o mercores 30 ás 14 horas!
Axiña! Participa xa nesta fantasía democrática e gaña(ou non) dous billetes gratis!

Web Design by nlocal