Cancelación Xornadas Excéntricas

sábado, 20 abril, 2013

A compañía Excéntricas lamenta comunicar a cancelación dos seus espectáculos previstos para hoxe, sábado 20 (Oeste Solitario) e para o vindeiro 23 (Shakespeare para Ignorantes). O motivo do adiamento son imprevistos problemas de saude de parte do elenco. Queremos agradecer ao público que asistiu estes dias as nosas xornadas excéntricas a súa presenza e apoio. A compañía anuncia que, enquanto se recuperen as nosas forzas, lanzaremos un novo asalto a Coruña. Verenos daquela.

Web Design by nlocal