Bobas & Galegas na XV Mostra de Teatro Clásico de Lugo

mércores, 18 febreiro, 2015

O sábado 21, Mofa & Befa estarán con "Bobas & Galegas" na XV Mostra de Teatro Clásico de Lugo. A función comezará ás 20.30 horas e será no Auditorio Gustavo Freire.

Ademáis, durante a celebración da Mostra, realízase en Lugo "Puro Sabor" organizado pola sección de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua. Primeiro certame de tapas vinculado ao Festival de Teatro Clásico co obxecto de irmandar a cultura e a gastronomía nun acontecemento pioneiro na cidade. A idea que se propón é que distintos cociñeiros da cidade creen unha tapa especial relacionada cunha das obras que se programan no festival. Como no cartel colgaranse once títulos, son once os establecementos convidados a participar neste reto gastronómico.

Os sabores que inspira cada obra teatral a once cociñeiros lugueses que crean unha tapa especial para cada un dos títulos.

Poderá degustar estas creacións desde o 22 de xaneiro ata o 28 de febreiro nos seguintes establecementos:

- O Mercado Street Food - Fajita de lacón galego (tapa "Bobas & Galegas)

- Restaurante Campos - Empanada negra de mexillón en escabeche.

- Mesón de Alberto - Pasta fresca rechea de capón asado con curry.

- Taberna do España - Carrilleira de porco celta con emulsión de pataca.

- Restaurante Manuel Manuel - Amor...E un corno!

- Restaurante Mangiarte - Silencio de Papageno.

- Restaurante La Encina - A esencia de Marivaux.

- Canela Bakery Coffee - Tosta de verduras asadas, ollo de paspallás e xuliana de ibérico.

- Arrocería Os Cachivaches - A vinganza de Próspero.

- Restaurante Paprica - Lentellas con foie gras.

- Restaurante España - Canelón de galo de curral, migas crocantes e ensalada de brotes.

Web Design by nlocal