Á venda ás entradas para as Xornadas Excéntricas no Teatro Colón

luns, 4 febreiro, 2013

Como anunciamos, no mes de abril haberá unhas Xornadas Excéntricas no Teatro Colón de A Coruña (do 17 ó 23 de abril) coa representación de catro dos nosos espectáculos.

As entradas xa están á venda na web de Servinova e na taquilla do Teatro Colón. As funcións costarán 10€ anticipada e 12€ o día de función, salvo o "Edipo" de Quico Cadaval que terá un prezo de 8 e 10€ mais atención porque quen merque anticipadamente as entradas dos outros tres espectáculos e os amose na billeteira do Teatro Colón, terá unha entrada de balde para ver "O Complexo de Edipo" de Quico Cadaval o mércores 17 de abril. 

Todas as funcións comezarán ás 20.30 horas. A axenda das Xornadas Excéntricas é a seguinte:

"O Complexo de Edipo" de Quico Cadaval, mércores 17 de abril. Entradas á venda no enlace.

"Románticos!" de Mofa e Befa, xoves 18 de abril. Entradas á venda no enlace.

"Oeste Solitario", venres 19 e sábado 20 de abril. Entradas á venda.

"Shakespeare para Ignorantes", martes 23 de abril, conmemorando o Día do Libro e o 397º aniversario da morte de Shakespeare. Entradas no enlace.

Ademáis o 23 de abril, haberá unha función escolar para institutos ás 12 horas cun prezo reducido. Se eres profesor/a e desexas asistir a dita función ponte en contacto connosco para darche máis información.

Web Design by nlocal