Josito Porto, María Casares por MxM

mércores, 11 novembro, 2020

Comezamos a semana con alegría pois JOSITO PORTO ven de gañar o María Casares á Mellor Actor Secundario por MEDIDA X MEDIDA. Tamén é certo que a alegría estaba asegurada pois os outros dos finalistas, Santi Romay e mais Víctor Mosqueira, foron seleccionados por MEDIDA X MEDIDA. Era imposible non gañar :)

As vindeiras citas con MEDIDA X MEDIDA son as seguintes:

- 19 de novembro no Cine Alovi de As Pontes

- 21 de novembro na Casa da Cultura de Oleiros

- 27 de novembro no Teatro Principal de A Estrada

- 28 de novembro no Teatro da Beneficencia de Ortigueira

- 04 de decembro no Teatro Principal de Ourense

- 11 de decembro no Auditorio Municipal de Vigo

E ainda estamos por confirmar as novas datas en Vimianzo e Malpica, funcións adiadas polo coronavirus.

O espectáculo que quedou ás portas foi CARTOÓNS. O noso primeiro espectáculo infantil, en coprodución con Teatro de Adro, foi finalista mais finalmente o María Casares foi para "Ummmm! Unha comedia para chuparse os dedos" de Teatro Avento Producións.

E tamén estamos moi contentos por dúas mulleres que van traballar por primeira vez con Excéntricas en ESTRELA DO DÍA, a nosa nova produción a estrear en febreiro de 2021. Estamos a falar de ROCÍO GONZÁLEZ, María Casares á Mellor Actriz Protagonista por "Liberto" e LAURA ITURRALDE, María Casares á Mellor Iluminación por "O empapelado amarelo". Rocío e Laura serán parte da equipa de ESTRELA DO DÍA xunto a grandes profesionais como Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo, Marcos PTT Carballido, Quico Cadaval, Uxía Vaello, Carlos Santiago, Nacho Muñoz ou Piti Sanz.

 

Web Design by nlocal