Finde cheo de teatro

mércores, 18 novembro, 2020

Lamentamos comunicar que a función de MEDIDA X MEDIDA en Oleiros prevista para o sábado é adiada ao mes de marzo de 2021. En breve anunciaremos a nova data. Mais o teatro continúa e o resto de funcións programadas para esta semana seguen en pé. Lembramos...

Xoves 19, MEDIDA X MEDIDA no Cine Alovi de As Pontes (21:00h)

Venres 20, CRANIOS PRIVILEXIADOS de MOFA & BEFA na Casa da Cultura Ramón Martínez López (21:00h). As entradas estarán á venda na billeteira da Casa da Cultura a partir das 17h do mesmo venres.

Domingo 22, CADAVAL CONTA... COMPLEXO DE EDIPO no Auditorio do Centro Botín de Santander dentro da programación do MAF Santander (18:00h)

Domingo 22, DÚAS PEDRAS NO CAMIÑO de MOFA & BEFA no Cine Elma da Pobra do Caramiñal (19:00h) Entradas gratuitas mediante reserva previa no whatsapp 676.66.62.63

Vinde porque #ACulturaESegura

 

Web Design by nlocal