Estadía Artística de MxM en Outes

domingo, 16 agosto, 2020

Hoxe, domingo 16 de agosto, rematamos a estadía artística na Casa da Cultura de Outes polos reensaios de MEDIDA X MEDIDA. E imos facelo ao grande cunha función de balde. So quedan 15 entradas e daranse por estricta orde de chegada a partir das 20:00 horas (a función comeza ás 21:00h).

Graciñas Mil a Merecedes e mais Santi da Casa da Cultura de Outes e todas as persoas que fixeron posible ter un espazo como este para poder reensaiar a derradeira comedia negra de Shakespeare.

 Lembramos o resto da xira:

19 de agosto na Mostra de Teatro de Cariño (22:15h)

06 de setembro en Sada

18 de setembro en Bertamiráns

22 de setembro no Festival de Teatro Galego Celso Parada do Carballiño

26 de setembro en Rianxo

10 de outubro en Narón

17 de outubro en Vilagarcía

23 de outubro en As Pontes

24 de outubro en Vimianzo

06 de novembro en Malpica

21 de novembro en Oleiros

27 de novembro en A Estrada

28 de novembro en Ortigueira

04 de decembro en Ourense

11 de decembro en Vigo

Emocionadxs polo que está por vir e agradecidxs ao Concello de Outes pola estadía artística na Casa da Cultura.

Web Design by nlocal