DUAS PEDRAS NO CAMIÑO

xoves, 8 outubro, 2020

A nova antoloxía de MOFA & BEFA.

Estreouse con grande éxito de público a primeira fin de semana de outubro na Sala Ártika de Vigo.

Ata fin de ano andarán rodando polos Camiños. Mofa & Befa comezarán una xira patrocinada pola Secretaría Xeral de Politica Lingüística e o programa Fondos Xacobeo 21. As datas son as seguintes:

- 30 de outubro no Cine Faba de Cacabelos (19:30h)

- 31 de outubro na Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei (20:00h)

- 8 de novembro na Casa da Cultura de Outes (20:00h).

Mofa & Befa son dous clowns para adultos que foron creados por Victor Mosqueira e Evaristo Calvo á volta do ano 92 do século pasado. O talento da composición cómica, a vinculación co real, a confidencia co público e as dotes adxectivas, como o canto e a pantomima, que posúen os dous artístas fixeron deles unha referencia da comedia e do que se dá en chamar o cabaret literario. A afinidade que os distintos públicos experimentan con eles débense ao fenómeno de recoñecemento que a comunidade experimenta sempre a respecto dos artistas que a espellan, a explican e a divirten.

Dúas pedras no Camiño é un titulo xenérico para un espectáculo antolóxico das pezas míticas que se manteñen na memoria do público: “Aquela obra que viche coa tua nai, agora podes levar ao teu neto” Ao longo da xira poden mudar algunha das pezas pero de seguro que comezarán co número titulado: “Os 33 reiseñores da Porqueira” que é o prólogo ideal para calquera evento e un dos números mais sutís e celebrados do dueto. Atrás deste virán os números culinarios, de homenaxe ás grandes figuras do cinema ou a escritores inmorredoiros. O título, “Dúas pedras no Camiño” xoga coas alusións á música popular e a sua filosofía, que nos lembra que unha pedra no camiño pode ser algo que nos ensine e nos transforme, ainda que tamén lembra á función dos cómicos de seren unha pedra no zapato... en fin, rolar e rolar!

Web Design by nlocal