Xornadas Excéntricas na Coruña

luns, 24 xaneiro, 2011

Do 5 ó 12 de febreiro, en colaboración con o Concello da Coruña, célebrase na Coruña, as Xornadas Excéntricas. 8 días repletos das propostas teatráis de Excéntricas con moitas sorpresas.

As xornadas comezan con SHAKESPEARE PARA IGNORANTES que estará no Forum Metropolitano o sábado 5 (20.30h) e o domingo 6 (19.00h).

Tras tres xornadas máis con funcións escolares, o mércores 9 chega un dos platos fortes das xornadas, O PEOR DE MOFA E BEFA. Un espectáculo único e irrepetible con convidados sorpresa e que supoñe un repaso por los 18 anos de existencia do dúo formado por Evaristo Calvo e mais Víctor Mosqueira. A cita terá lugar no Teatro Rosalía de Castro (20.30h)

O día seguinte, xoves 10, tócalle o turno a peza más experimental de Excéntricas, a performance CONVERSATÓRIO de Quico Cadaval que pretende conseguir o Record Mundial de falar nun escaparate. O Conversatório comezará ás 17.00 horas no escaparate de MeriendaCena, na rúa San Andrés 84  e rematará cando xa non quede ninguén para falar.

As Xornadas Excéntricas rematarán con UN CRANIO FURADO, o último espectáculo da compañía. Dúas funcións no Rosalía de Castro, os días 11 e 12 (20.30h) que serán toda unha festa, de difuntos.

As entradas de SHAKESPEARE PARA IGNORANTES, O PEOR DE MOFA E BEFAUN CRANIO FURADO están a venda na billeteira dixital de Servinova, no teléfono 900.504.500, na billeteira da Praza de Ourense e nas billeteiras dos propios espazos o día da función. Ademáis, podes mercar o pack completo cun aforro do 40%. Esta opción só está disponible na venda telefónica.

Como preámbulo, o mércores 2 de febreiro, Quico Cadaval e mais Santi Romay darán una Master Class en Danthea Teatro. Para asistir a este evento, visita a súa páxina web.

Web Design by nlocal