Xira de Outono de Da Vinci Tiña Razón!

xoves, 3 setembro, 2015

Da Vinci Tiña Razón! de Roland Topor, espectáculo producido por Excéntricas en 2014, baixo a dirección de Quico Cadaval e protagonizado por María Costas, Evaristo Calvo, María Garat, Víctor Mosqueira, Antela Cid e Santi Romay, foi un dos grandes éxitos de crítica e público na temporada pasada.

Agora, ante a insistencia do público, o espectáculo retorna no derradeiro cuatrimestre do ano cunhas funcións moi especiais que pondrán o broche final a este desternillante e ácido thriller policiaco ideado por Roland Topor nos anos 80.

A xira de Da Vinci Tiña razón! pasará por os seguientes teatros:

- Do 8 ó 10 de setembro - Santiago de Compostela - Teatro Principal - 20.30h - 10€ (7€ anfiteatro) - Entradas xa á venda na billeteira do teatro princial (de 18h a 21h)

- 2 de outubro - Bertamiráns - Casa da Cultura - 21h

- 9 de outubro - Arteixo - Centro Cívico y Cultural

- 10 de outubro - Rianxo - Auditorio

- 6 de novembro - A Laracha - Casa da Cultura

Web Design by nlocal