Xira de Nadal de CARTOONS chea de agasallos

mércores, 18 decembro, 2019

Chegan as festas mais o teatro non para e nesta ocasión temos unha grande e especial xira de Nadal de Cartoóns, o espectáculo familiar de Josito Porto e Víctor Mosqueira. Un espectáculo divertido, clown, musical e didáctico para todas as idades e que ademáis, contará nalgúns espazos con campañas de recollida de xoguetes para nenas e nenos en situación de risco, e así entre todxs, podamos axudar a que sexan un pouco máis felices nestas datas

A xira de CARTOÓNS é a seguinte:

20 decembro en Barbadás. Casa da Cultura Manuel María. 19:00 horas. Entrada de balde ata completar aforo.

21 decembro en Outes. Casa da Cultura. 19:00 horas. Entrada de balde ata completar aforo.

23 de decembro en Padrón. Auditorio Municipal. 18:00 horas. A partir das 17:00 horas recollida de xoguetes en colaboración coas Concellerías de Cultura e Servizos Sociais do Concello de Padrón. Entrada de balde ata completar aforo.

26 de decembro en Ourense no MOTI (16ª Mostra de Teatro Infantil de Ourense). Campus da Universidade (Sala Pardo Bazán - Edificio de ferro). Entradas a 3€ sendo a recaudación para UNICEF. Programación completa en www.motiourense.blogspot.com

27 de decembro en A Guarda. Salón de Actos do Centro Cultural. 17:30 horas. Entrada de balde ata completar aforo. Recollida de xoguetes a cargo da Asociación ConRazones.

28 de decembro en Muros. Centro Cultural e Xuvenil. 18:00 horas. Entrada de balde ata completar aforo.

02 de xaneiro en Melide. Casa da Cultura. 17:00 horas. Entrada de balde ata completar aforo. Recollida de xoguetes en colaboración co Concello de Melide.

03 de xaneiro en Milladoiro. Casa da Cultura. 18:00 horas. Venda de entradas unha hora antes do comezo da función

10 de xaneiro en Arteixo. Centro Cívico e Cultural. 20:00 horas. 3€

De parte de toda a equipa de Excéntricas, desexamos un Bo Nadal, Felices Festas e un 2020 cheo de teatro!

Web Design by nlocal