Xira 400º Aniversario da Morte de Shakespeare

mércores, 20 abril, 2016

Retomamos nunha xira especial conmemorando o 400º aniversario da morte do "gordo" de Stratford, SHAKESPEARE PARA IGNORANTES o espectáculo máis exitoso de Mofa & Befa e Quico Cadaval, espectáculo ganador dun Premio Max e un Premio María Casares e que en 7 anos estivo nos principais escenarios da península e incluso fixo as Américas.

Agora, a falsa conferencia de Quico Cadaval, ilustrada por Mofa & Bofa, regresa ós escenarios cunha grande xira:

- 22 de abril en Vigo (Auditorio Municipal - 21:00h)

- 23 de abril en Santiago de Compostela (Teatro Principal - 20:30h)

- 29 de abril en Santa Comba (Multiusos - 22:00h)

- 06 de maio en Ourense (Teatro Principal - 20:30h).

- 21 de maio en Noia (Teatro Coliseo - 21:30h)

- 03 de xuño en Bertamiráns (Casa da Cultura - 21:00h)

- 04 de xuño en Muros (Casa da Cultura - 21:30h)

- 22 de xullo en Matosinhos (Teatro Constantino Nely)

- 28 de outubro en Pamplona (Museo da Universidade)

Todo... todo está en Xespir!!!

 

Web Design by nlocal