Xa á vendas as Entradas de Shakespeare en Madrid

mércores, 19 maio, 2010

"Shakespeare para Ignorantes" chegará ó Teatro Madrid (Avenida da Ilustración s/n) no mes de xullo dentro da programación de Los Veranos de la Villla.

Do 14 ó 17 e do 20 ó 24 de xullo o publico madrileño gozará do espectáculo de Mofa e Befa e máis Quico Cadaval.

As entradas están a venda premando aquí.

Ademais de Madrid, "Shakespeare para Ignorantes" estará o vindeiro 10 de xuño na Bienal Internacional de teatro de Actor de Cuenca, o 29 e 30 de xuño no Festival Clásicos en Alcalá e o 10 de outubro na vila de Cigales en Valladolid.

Web Design by nlocal