Visitas Teatralizadas ao Pazo de Fefiñáns

martes, 4 xuño, 2019

8 e 9 de xuño celébranse as VIII Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño Rías Baixas e nesta ocasión imos facer unha actividade moi especial pois Víctor Mosqueira e Josito Porto son os encargados de facer unhas visitas teatralizadas especiais e únicas no Pazo de Fefiñáns de Cambados. 

En colaboración coas guías oficiais das Bodegas Gil Armada e Pazo de Fefiñanes, Víctor Mosqueira e Josito Porto poñerán o punto humorístico a ditas guías.

Unhas visitas inesquecibles que non podes perderte. Haberá 4 pases (sábado 8 de xuño ás 12:00h, 17:00h e 19:00h e domingo 9 ás 12:00h) e a venda de entradas está dispoñible na web de Entradas A Taquilla. Tes o enlace directo de venda de entradas e o resto de actividades na paxina de Ruta do Viño Rías Baixas.

Web Design by nlocal