Venda Anticipada de Entradas

mércores, 2 novembro, 2011

Nas vindeiras datas, Excéntricas vai representar os seus tres últimos espectáculos en Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.

Se non queres perder estas citas, xa podes mercar a túa entrada na billeteira dixital de NovaCaixaGalicia.

O sábado 19 de novembro, UN CRANIO FURADO estará no Auditorio NovaCaixaGalicia de Vigo. As entradas están á venda, premando aquí

A semana seguinte, chega á Coruña, OESTE SOLITARIO. Será o xoves 24 ás 20.30h no Teatro Colón. Podes mercar as entradas premando no enlace

E do 1 ó 4 de decembro, a gala maléfica O PIOR DE MOFA E BEFA estará no novo Auditorio NovaCaixaGalicia de Santiago de Compostela. 4 funcións moi especiais co mellor do peor dos casi 20 anos de existencia de Mofa e Befa. Tamén podes mercar ás entradas na billeteira dixital.

Web Design by nlocal